Filtro xeral
Filtro xeral

Inicio > Arteixo acolle unha nova edición da Universidade Senior

/ Arteixo acolle unha nova edición da Universidade Senior

A Universidade Sénior, o programa universitario para maiores de 50 anos da Universidade da Coruña, pon en marcha neste ano 2025 a cuarta edición do Programa de Formación Universitaria Específico para adultos maiores. A iniciativa conta co financiamento da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Arteixo, e desenvolverase entre outubro e novembro na Capela do Balneario.

A inscrición será gratuíta e poderá realizarse entre o 15 de setembro e o 8 de outubro tanto en liña, a través deste enlace ,  como de maneira presencial no Departamento de Educación do Concello de Arteixo.

O programa inclúe tres módulos con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña. Os contidos abranguen humanidades e ciencias sociais, ciencias da terra e tecnoloxía, e ciencias da vida e da saúde. Ademais, está previsto un acto de clausura o día 19 de novembro cunha xornada cultural e académica na cidade da Coruña.

A Universidade Sénior achega un ano máis esta oferta formativa á veciñanza maior de 50 anos de Arteixo e a súa comarca, dando continuidade a unha iniciativa que se leva desenvolvendo desde 2018 en diferentes localidades.

Ir al contenido