Do 15 de setembro ao 19 de novembro de 2025 estará aberto o prazo de pago voluntario da taxa de lixo correspondente ao primeiro semestre do ano.

No caso de non recibir no domicilio o recibo para o seu pago, ou o xustificante bancario do cargo en conta en data 22 de setembro de 2025 (para os casos de domiciliación), deberá poñerse en contacto co Concello de Arteixo no teléfono 981 600 009 para solicitar un duplicado.

Unha vez rematado o prazo de pago voluntario, os recibos que queden pendentes serán cobrados en vía executiva cos recargos que correspondan.

Ir al contenido