Filtro xeral
Filtro xeral

 

Inicio > O calendario municipal 2026 propón unha viaxe ao pasado

/ O calendario municipal 2026 propón unha viaxe ao pasado

O concello de Arteixo pon en marcha, un ano máis, o tradicional concurso fotográfico que servirá para elaborar o calendario municipal do ano 2026.

A temática, «Arteixo no tempo», pretende recuperar imaxes do municipio a través da historia. A través da concellería de Turismo que dirixe Patricia Amado, a convocatoria para participar de #ArteixoNoTempo ten como obxectivo animar aos veciños para sumarse a esta nova edición do calendario.

Poden consultar as bases neste enlace.

As mellores imaxes formarán parte do calendario municipal do 2026 editado polo concello. Cada mes mostrará unha instantánea diferente. A votación das imaxes realizarase a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado. A puntación obterase das catro valoracións. Haberá 12 premios para as  fotografías mellor valoradas: 500 € para a foto que máis puntos obteña; 300 € para a segunda; 200 € para a terceira e 100 € para as nove seguintes clasificadas

 

Ir al contenido