O Servizo Municipal de Deportes presenta os Cursos De Verán Municipais de Surf 2025, co fin de promover hábitos de vida saudables na poboación infantil do Concello de Arteixo.
Ofértanse 360 prazas nos 20 cursos semanais de dez horas de duración.
Trátase dun incremento dun 50% das prazas con respecto a outras edicións, tendo preferencia as persoas emproadas en Arteixo.
Os cursos teñen coma obxectivo principal a aprendizaxe das habilidades relacionadas cas distintas modalidades de surfing de forma lúdica, dando prioridade á diversión fronte a obxectivos técnicos. Traballaranse contidos de seguridade na auga, circulación na auga, técnica de remada básica, técnicas básicas de toma de ola, cálculo espazo tempo, técnica take off, pposición base, xiros e traxectorias….
Os cursos poden solicitase do 7 ao 14 de maio
Consulta aquí o procedemento de inscrición