Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Abertos os servizos educativos e as instalacións deportivas

/ Abertos os servizos educativos e as instalacións deportivas

Arteixo manterá en funcionamento durante o día de hoxe os servizos educativos competencia do concello (actividades extraescolares xunto co seu
sistema de transporte, escola infantil municipal, servizos de conciliación nos centros do Balneario e Meicende, #etc) e as actividades deportivas que
dependan do concello (escolas municipais, actividades nos complexos de piscinas etc.)/ etc.).

Tamén estarán abertas as instalacións municipais deportivas para que se practiquen os deportes federados que non dependen directamente do concello.

Os centros sociais e a Escola de Música tamén ofrecerán as súas actividades e funcionarán normalmente.

Respecto ao día de onte, o concello puxo en marcha sobre as 14.00 horas un dispositivo no centro Arteixo Innovación que coordinou os servizos de seguridade(policía municipal e protección civil), persoal de SUMARTE e de servizos sociais para poder atender calquera incidencia de forma inmediata.

Non houbo ningún problema importante, aínda que se realizou un seguimento continuo de que os servizos esenciais como a subministración de auga non se visen interrompidos se o apagamento persistía, xa que os bombeos e impulsións necesitan do fluído eléctrico para o seu correcto funcionamento.

Comprobouse que os diferentes depósitos de auga estaban en niveis elevados e que había dispoñibilidade de xeradores eléctricos autónomos para o caso de que o apagamento persistise. Os xeradores podían ser utilizados polo concello para calquera servizo básico que se necesitase. As liñas do transporte municipal tamén funcionaron onte de forma ininterrompida e hoxe ofrecen tamén o servizo normal.

Desde o concello agradécese o comportamento cívico dos veciños de Arteixo ante a incerteza que puido crear o apagamento.

Ir al contenido