Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo e A Coruña reforzan vínculos coa sinatura dun convenio concibido para potenciar a coordinación e os servizos aos cidadáns

PUBLICACIÓN

Arteixo e A Coruña reforzan vínculos coa sinatura dun convenio concibido para potenciar a coordinación e os servizos aos cidadáns

9 Abr, 2025 | NOTICIAS, NOTICIAS ALCALDÍA

Os concellos de A Coruña e Arteixo reforzan desde hoxe a súa relación, que se estreita coa sinatura dun novo protocolo de colaboración concibido para facer máis eficiente a xestión das políticas públicas compartidas por ambos os municipios.

O alcalde Carlos Calvelo asinou hoxe o protocolo, que se tramitará tamén como convenio, coa alcaldesa da cidade herculina, Inés Rey. Ambos coincidiron en destacar o forte vínculo entre A Coruña e Arteixo. “Hai unha conexión e case que unha simbiose real entre os cidadáns que viven e traballan nos dous concellos”, expuxo Rey, que puxo como exemplo os datos de mobilidade, con máis de 65.000 desprazamentos diarios entre os municipios.

O acordo asinado hoxe busca profundar na coordinación en cuestións compartidas entre ambas as partes, como a mobilidade, a xestión do ciclo da auga, o planeamento estratéxico e os dispositivos de seguridade e prevención de riscos.

Ambas administracións traballarán de forma conxunta á hora de concurrir a convocatorias de fondos europeos con proxectos ou iniciativas que podan ser beneficiosas ou ter un impacto positivo para os dous municipios. “Esta é unha liña de acción prioritaria e estratéxica”, expresou Calvelo, que subliñou a importancia de tender pontes para facilitar os desenvolvementos futuros de ambos os municipios, facendo fincapé no feito de que, no contexto xeoglobal actual, que visibiliza momentos de división, “nós facemos o contrario, colaborando e establecendo unha relación de igualdade entre os dous concellos”.

A alcaldesa Inés Rey explicou que, “o que buscamos é estreitar os lazos entre A Coruña e Arteixo para ir da man en cuestións que nos tocan de preto ou nos afectan a ambos os concellos, mellorando a coordinación entre administracións”, dando continuidade a experiencias previas de colaboración como as xa vixentes, por exemplo, en materia de transporte, coa liña 6 do servizo de autobuses urbanos da Coruña efectuando desprazamentos ata Meicende e a súa contorna, xa en parte do termo municipal arteixán.

Agora, no contexto desta nova folla de ruta plasmada no protocolo asinado hoxe en María Pita, crearanse grupos de traballo específicos para abordar todas e cada unha das áreas temáticas establecidas no convenio. “Trátase de sentar as bases para estreitar lazos e para actuar de forma conxunta ante unha realidade única, pois non existen dúas realidades separadas”, expresou Inés Rey.

Ir al contenido