Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A carreira popular de Arteixo cumpre 25 anos

/ A carreira popular de Arteixo cumpre 25 anos

O Concello de Arteixo abre o prazo de inscricións para a XXV Carreira Popular do Concello de Arteixo, que terá lugar, como é tradicional, o 1 de maio, coincidindo co festivo do Día do Traballo.

Este ano a proba celebra 25 anos de historia, consolidándose como unha das citas deportivas máis queridas e participativas do calendario galego.

Con motivo deste aniversario, a organización aposta con máis forza polo seu carácterfamiliar e inclusivo, ampliando a participación nas carreiras de menores ata os 3 anosde idade (nados en 2022), para que tamén os máis pequenos e pequenas da casa poidan desfrutar da festa do deporte.

A xornada deportiva comezará ás 10:00 horas coas carreiras infantís, con distancias adaptadas segundo a idade dos participantes. Ás 11:45 horas será a quenda da carreira absoluta, cun percorrido de 11,7 quilómetros e saída desde o Pazo dos Deportes de Arteixo.

A Carreira Popular de Arteixo mantén a súa esencia: participación gratuíta, ambiente familiar, e actividades de dinamización que fagan do evento un día de festa para todas as persoas que se acheguen á cita.

As inscricións están xa dispoñibles na web oficial da carreira e permanecerán abertas ata o mércores 24 de abril.

Ir al contenido