Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo acolle a presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 e Sub 16 Masculinas de fútbol

/ Arteixo acolle a presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 e Sub 16 Masculinas de fútbol

O concello de Arteixo acolleu hoxe a presentación do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub 14 e Sub 16 Masculinas, un evento de gran relevancia no calendario futbolístico do país, e que en Arteixo ten como sedes o complexo de campos de fútbol de Ponche dous Brozos en Arteixo e o estadio municipal de Pastoriza.

Esta importante competición terá lugar entre este venres 7 e o domingo 9 de febreiro, cando se celebrarán partidos clave das Fases Oro e Prata, con seleccións de toda España loitando por alcanzar a gloria no fútbol base.

Na presentación celebrada hoxe nun dos campos do Ponche dous Brozos estiveron presentes o vicepresidente da federación galega de fútbol, Juan Villamisar, representantes dos clubs Atlético Arteixo e Pastoriza, a concelleira de Deportes Puri Zas, e o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo. O rexedor destacou a importancia dunha competición que atraerá a moita xente a Arteixo, o que “ademais de ofrecer un gran espectáculo deportivo, será un aliciente económico xa que este campionato trae consigo a moitas persoas que deixan o seu diñeiro no municipio”. Neste sentido, Villamisar explicou a complexidade organizativa dun campionato que move a máis de mil persoas das seleccións participantes (xogadores, técnicos, #etc) e ao redor doutro dous mil persoas que veñen ver o campionato desde outras autonomías a Galicia.

O torneo, organizado pola Real Federación Española de Fútbol, contará coa participación dos mellores xogadores das categorías Sub 14 e Sub 16, que defenderán os seus respectivos territorios na procura do título nacional. Este evento terá lugar de maneira simultánea en varias instalacións deportivas da provincia, entre elas a Cidade Deportiva La Torre, o Campo Municipal de Vilaboa en Culleredo, o estadio de Pastoriza, o Campo Municipal Ponte dos Brozos en Arteixo e o Campo Municipal de Laracha.

O concello de Arteixo anima a todos os afeccionados ao fútbol para achegarse a Arteixo e Pastoriza durante a fin de semana e gozar en directo do mellor fútbol autonómico xuvenil, que traerá a Galicia aos talentos emerxentes de toda España,

Ir al contenido