Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O concello de Arteixo ofrece un terreno en Pastoriza a Deputación da Coruña para que constrúa unha residencia de maiores

PUBLICACIÓN

O concello de Arteixo ofrece un terreno en Pastoriza a Deputación da Coruña para que constrúa unha residencia de maiores

27 Ene, 2025 | NOTICIAS

O goberno municipal de Carlos Calvelo levará o pleno do próximo xoves unha moción na que se lle ofrecerá de forma gratuita a Deputación da Coruña un terreno situado en Pastoriza para que constrúa alí unha residencia de maiores dentro do programa de construcción destes equipamentos que está
acometendo a institución provincial.

O terreno municipal mide cerca de 4.000m² e está situado ao carón da praza do Santuario de Pastoriza, e delimitado polas rúas Paseo do Santuario e Rúa Igrexa.

Actualmente sirve como aparcadoiro, unha función que se podería manter trala construción da residencia de maiores aproveitando as diferentes cotas do terreno.

Arteixo quere participar así no programa posto en marcha pola Deputación para a construción e posta en funcionamento de residencias para maiores na
provincia da Coruña. En concreto xa ten iniciado os proxectos para construilas en As Pontes, Rianxo e Ordes.

A Deputación da Coruña ten a sorte de dispoñer dunha forte capacidade de inversión e financiación (o maior orzamento de todas as deputaciós de Galicia), cun elevado orzamento. A día de hoxe dispón dun remanente de mais de 300 millóns de euros, que deberá de ser utilizado prioritariamente para dar mellor calidade de vida a veciñanza da provincia da Coruña.

Arteixo ten unha elevada demanda dos seus vecinos para unha nova residencia, e tamén de moitos vecinos da área metropolitana da Coruña. Foron
moitas as firmas presentadas polos vecinos de Arteixo e veciños dos concellos limítrofes da área, aos que o concello de Arteixo apoia.

O concello tamén se ofrece a sufragar os custes de funcionamiento da metade das prazas da residencia coa condición de que accedan a ellas de forma prioritaria os veciños de Arteixo (nas residencias de cada municipio poden entrar persoas de calquera parte de Galicia), unha iniciativa que xa ten posta en marcha desde fai anos na residencia de maiores do núcleo de Arteixo que xestiona a Xunta de Galicia: das 64 prazas que ten esta residencia, 32 son pagadas polo concello, cun coste aproximado de de 750.000€ o ano.

O concello de Arteixo finaciou con recursos propios nos últimos anos a cantidade de 4.800.000€ para soster esas prazas da residencia de Arteixo.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido