Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O ministerio de Transportes esquece que redactou un proxecto e iniciou a expropiación dos terreos necesarios para construír a ligazón de Meicende nunha resposta no Congreso

PUBLICACIÓN

O ministerio de Transportes esquece que redactou un proxecto e iniciou a expropiación dos terreos necesarios para construír a ligazón de Meicende nunha resposta no Congreso

24 Ene, 2025 | NOTICIAS

O ministerio de Transporte que dirixe Óscar Puente acaba de ofrecer como escusa para non iniciar a construción da ligazón de Meicende que hai unha instrución do ano 2010 que o impide, cando este mesmo ministerio aprobou un proxecto de construción, consignou unha partida orzamentaria durante varios anos e iniciou un proceso de expropiación dos terreos.

O concello de Arteixo considera esta información unha nova escusa destinada a ocultar a súa intención de non acometer esta infraestrutura necesaria para sacar o tráfico pesado de mercadorías perigosas do núcleo urbano de Meicende e canalizalo a través da autovía do Porto Exterior.

Nunha resposta que polo seu contido parece dirixida a outro tipo de infraestrutura e que mostra a confusión e o descoñecemento do ministerio sobre esta ligazón, o ministerio afirma que a normativa que menciona (a instrución contida na Orde FOM/331/2010) impide executar obras cuxa justiticación se base en desenvolvementos urbanísticos “como polígonos industriais ou similares”.

Parece o ministerio confundir a ligazón de Meicende con outra infraestrutura, xa que esta ligazón conectaría a autovía do Porto coa estrada AC-415 a través de terreo rústico situado nun escampado entre Pastoriza e Meicende, sen que exista alí ningún polígono industrial ou desenvolvemento similar.

Máis surrealista se cabe é a resposta se se ten en conta que o ministerio redactou un proxecto de construción e iniciou un proceso de expropiación dos terreos, cifrando no seu día o custo da ligazón en 6,67 millóns de euros e xustificando plenamente a súa construción debido á necesidade de aproveitar o paso pola zona da autovía do Porto Exterior e a necesidade de evacuar os camións de mercadorías perigosas da refinería por un roteiro seguro. Tamén incluíu partidas orzamentarias durante varios anos nas súas contas.

O alcalde de Arteixo considera esta falta de coordinación como “alarmante nun ministerio que cambia as normas ao seu gusto como forma de atrasar as obras e opoñerse á mellora das infraestruturas na comarca coruñesa. A idea central do estudo técnico da ligazón de Meicende pasa por desviar da AC-415, que atravesa o centro urbano de Meicende, todo o tráfico pesado procedente de industrias como a refinería. Todo este tráfico tería así unha ligazón directa coa autovía do Porto Exterior.

A idea xeral exposta no seu día polo concello de Arteixo ao ministerio é que todas as infraestruturas que se constrúan en Arteixo con motivo de obras como o Porto Exterior, redunden nalgunha medida no benestar dos cidadáns. As escusas do ministerio de Transportes son máis obvias se se ten en conta que a zona onde se construirá a ligazón de Meicende foi xa analizada en varias ocasións por estudos de impacto ambiental, carios proxectos de infraestruturas, expropiacións e partidas incluídas nos Orzamentos Xerais do Estado como o que se necesitou para a construción da autovía do Porto Exterior.

Lista de todos os trámites administrativos que fixo o ministerio de Transportes sobre a ligazón de Meicende:
1. 27/10/2014 proposta de orde de estudo de obras.
2. ORZAMENTOS DO 2015. INCORPORAN 3 MILLÓNS DE €
3. 25/02/2015 ORDE DE ESTUDO INFORMATIVO.
4. Remisión ao concello do proxecto de trazado e informe de supervisión do mesmo ( PROXECTO PAGO POR PARTE DO MINISTERIO)
5. 30/04/2015 Aprobación provisional do proxecto de trazado
6. 20/05/2015 Publicación no BOE da aprobación provisional
7. ORZAMENTOS DO 2017 INCORPORAN 3 MILLÓNS DE €
8. 20/4/2016 Contestación da Directora de obra ao oficio anterior e solicitude de instrucións
9. 7/6/2016 oficio de devolución do proxecto de trazado para que se tramite.
10. 16/6/2016 Remisión a INECO do proxecto de trazado
11. 2/9/2016 Remisión do expediente completo
12. 26/10/2016 Remisión do procedemento de avaliación ambiental simplificada.
13. ORZAMENTOS DO 2017 IINCORPORAN 3 MILLÓNS DE €
14. 4/9/2017 Traslado escrito AUTOESTRADAS de Galicia en relación co devandito procedemento
15. 22/12/207 Notificación Resolución Informe de Impacto ambiental
16. 29/12/17 Publicación o Boe informe de Impacto ambiental
17. ORZAMENTOS DO 2018. INCORPORAN 3 MILLÓNS DE €
18. ORZAMENTOS DO 2019. INCORPORAN 100.000 €
Ir al contenido