Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O presidente do Consorcio Provincial de bombeiros e o alcalde de Arteixo asinaron esta semana o convenio que aproba o traslado do parque de bombeiros a unha nova instalación en Morás

PUBLICACIÓN

O presidente do Consorcio Provincial de bombeiros e o alcalde de Arteixo asinaron esta semana o convenio que aproba o traslado do parque de bombeiros a unha nova instalación en Morás

17 Dic, 2024 | NOTICIAS

O presidente do Consorcio Provincial de bombeiros, Valentín González (que detenta este cargo por ser presidente da Deputación da Coruña), e o alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo, asinaron esta semana o convenio que recolle o traslado do parque de bombeiros comarcal a unhas novas instalacións no polígono de Morás como propoñía o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo, co obxectivo de solucionar as graves carencias estruturais que sofre o parque actualmente.
O concello de Arteixo xa procedeu tamén a segregar 4.000 m² dunha parcela de propiedade municipal no polígono de Morás que posibilitará a construción dun novo parque de bombeiros comarcal que solucionará as graves carencias estruturais das actuais instalacións, que xa non cumpren cos requisitos necesarios para que os bombeiros poidan realizar adecuadamente o seu traballo.
O concello levaba meses reclamando o desbloqueo da situación ao Consorcio de Bombeiros O concello de Arteixo xa realizara a redacción do proxecto de execución do novo parque de bombeiros, e a principios do ano próximo adxudicará a obra, xa que leva varios meses cos trámites de licitación.
O citado proxecto foi examinado polos técnicos do Consorcio de Bombeiros que deron o seu beneplácito e, coa recente firma do convenio de traslado, xa están todos os trámites realizados para que o parque trasládese da parcela de propiedade municipal na que se asentaba ata o de agora.
O concello de Arteixo continúa así cos trámites necesarios para trasladar as instalacións que alberga a parcela de obras municipal, que alberga tamén o parque de bombeiros, e que ten nos seus terreos a maquinaria e as oficinas de obras, a maquinaria do sistema municipal de recollida de residuos (camións e outros vehículos auxiliares), a maquinaria do sistema público de limpeza municipal, o depósito de coches do guindastre municipal, e as instalacións de Protección Civil de Arteixo.
O aumento dos servizos municipais de Arteixo (sistema público de recollida de residuos e de limpeza viaria, principalmente) deixaron obsoletas unhas instalacións que carecen de naves suficientes para gardar todos os vehículos que teñen alí o seu central de operacións. O propio parque de bombeiros hai anos que quedou tamén obsoleto en canto a accesibilidade, sistemas eléctricos e outro tipo de carencias estruturais. Debido a esta situación e co obxecto de financiar a construción de novas instalacións para todos estes servizos públicos, o concello de Arteixo poxou en concurso público entre os anos 2022 e 2023 a citada parcela, que foi adquirida por Inditex por 5.082.000 euros, diñeiro que servirá para mellorar todas as instalacións públicas arriba citadas, incluíndo tamén o novo parque de Bombeiros, que ademais estará nunha parcela (polígono de Morás), que permitirá gañar tempo de reacción aos bombeiros ante posibles emerxencias debido aos seus mellores accesos á autovía A-6.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido