Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > Mar De Sorrizo. Exposición Da Historia Do Mar

/ Mar De Sorrizo. Exposición Da Historia Do Mar

Dentro do proxecto, impulsado polo concello de Arteixo e financiado polo Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura e a Consellería do mar, a través das axudas xestionadas polo GALP Golfo Ártabro Sur, estase a traballar na exposición permanente de paneis sobre a vinculación de Arteixo co mar que se instalará no centro de interpretación sito en Sorrizo.

A posta en valor do patrimonio mariñeiro de Arteixo é un dos principais obxectivos deste proxecto plurianual, comezando por unha das súas principais actuacións: o deseño e instalación dunha exposición permanente sobre a historia local do mar no centro de interpretación de Mar de Sorrizo.

Nun enclave único, con vistas ao mar e ao porto exterior, o Museo do Mar de Sorrizo, inaugurado a comezos do mes de xuño deste mesmo ano, mediante esta exposición de paneis busca ofrecer información con carácter permanente sobre os principais sucesos e historias relacionadas co mar, como a actividade pesqueira que tiña lugar no Porto de Sorrizo ou os diversos naufraxios acontecidos ao longo dos tempos nestas costas.

Outras das temáticas que se incluirá será a biodiversidade mariña característica deste litoral e as distintas figuras de protección da costa. A través de paneis de gran formato con imaxes e textos búscase informar e inspirar sobre a vinculación de Arteixo co mar, tanto á poboación local como todos e todas as visitantes que recibirá nun futuro próximo este espazo.

O proxecto “Mar de Sorrizo: dinamización do patrimonio cultural pesqueiro e marítimo de Arteixo”, promovido polo concello de Arteixo, está financiado grazas ás axudas autonómicas para proxectos ao abeiro das estratexias de desenvolvemento local participativas aprobadas aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) no marco do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura 2021-2027.

Ir al contenido