Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Arteixo dispón de catorce prazas na nova campaña da neve da Deputación Provincial

/ Arteixo dispón de catorce prazas na nova campaña da neve da Deputación Provincial

A Deputación da Coruña organiza a Campaña de Neve 2025, que terá lugar na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos inclusive cumpridos a 31/12/2024.

Os participantes desfrutarán de 4 días na estación invernal e contarán con cursos de esquí e actividades complementarias.

Ao Concello de Arteixo concedéronselle 14 prazas para rapaces e rapazas empradroados en Arteixo e corresponderalle a segunda quenda, do 17 ao 20 de xaneiro de 2025.

O transporte desde a comarca tanto de ida como de volta está incluido.

Terán preferencia as persoas que non asistiran a campañas de inverno anteriores.

Cada participante deberá aboar unha cuota de inscrición de 85 €.

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

  1. PREINSCRICIÓN: As preinscricións deberán entregarse con data límite o 2 de decembro antes das 14.00 h no Servizo Municipal de Deportes, na Avenida Arsenio Iglesias s/n de luns a venres de 09.00 h a 14.00 h ou na dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org
  2. Descarrega o formulario aquí
  3. SORTEO PÚBLICO. No suposto de ter máis solicitudes que prazas ofertadas (14) realizarase un sorteo público ante o Secretario Municipal que terá lugar o 4 de decembro ás 13.00 horas no salón de plenos da Casa do Concello.
  4. MATRÍCULA. As persoas que teñan praza adxudicada deberán entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 13 de decembro:
  5. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
  6. Fotocopia tarxeta sanitaria
  7. Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
  8. Copia aboamento cota inscrición (cando a praza estea confirmada e o número de conta publicado na web da Deputación)
  9. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou padecese doenza, intolerancia alimentaria ou alerxia que deban ser tidas en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a e documento de autorización de medicación
  10. Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.
Ir al contenido