O concello de Arteixo finalizou esta semana as obras de reforma do patio da escola infantil de Vilarrodís. As obras consistiron na retirada dos xogos infantís de madeira en mal estado de conservación, por supoñer un posible risco para a seguridade dos nenos e na recolocación da caseta de madeira para os apeiros de xardinería e horto escolar a unha localización próxima ao linde este.
Debido ao mal estado do peche de malla de simple torsión, se substituiuse tamén por outra reforzada de dous metros de altura con postes de aceiro, continuando o peche coa instalación dun portal de corredera que permite a comunicación co centro social de Vilarrodís (contiguo á escola e que pode ser utilizado pola comunidade escolar), executado cos mesmos materiais do peche para dar continuidade.
Tamén se construíu un novo arenero de xogo para os nenos, duns 12 m2, finalmente rexenerouse a zona de céspede, mediante a súa limpeza, fresado e unha nova sementa. O ámbito de atuación do patio é de 536 m² e o investimento municipal foi de 36.400 euros.