Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

 

Inicio > O mar centra a nova edición do concurso do calendario da Concellería de Turismo

/ O mar centra a nova edición do concurso do calendario da Concellería de Turismo

O concello de Arteixo inicia esta semana o concurso fotográfico aberto a todos os interesados e cuxos gañadores se deciden cunha votación popular a través das redes sociais do concello para elaborar o calendario municipal 2025.

A temática está orientada a reflectir a relación de Arteixo co mar. A través da concellería de Turismo que dirixe Patricia Amado, a convocatoria para participar de #Arteixoémar ten como obxectivo animar aos veciños para sumarse a esta nova edición do calendario.

Para elaborar o cartel promocional, reuniuse un grupo de antigios mariñeiros de Arteixo que se prestaron a participar no imaxinario ataque dun polbo xigante no centro de interpretación mariña Mar de Sorrizo.

Os interesados poderán participar a través da aplicación Easypromos subindo unha foto da que teñan dereitos de autoría e reprodución. Pode ser orixinal ou artística, pero debe seguir a temática de Arteixo e a súa relación co mar. Tamén deberá indicarse en que zona do municipio foi tomada e estar acompañada por un título. Facebook e Instagram serán os lugares que o concello de Arteixo utilizará para difundir as fotos premiadas e tamén utilizará a web www.arteixo.org para difundir as bases do concurso.

As mellores imaxes formarán parte do calendario municipal do 2025 editado polo concello. Cada mes mostrará unha instantánea diferente. A votación das imaxes realizarase a través da páxina do concurso e da valoración dun xurado. A puntación obterase das catro valoracións. Haberá 13 premios para as 13 fotografías mellor valoradas: 500 € para a foto que máis puntos obteña; 300 € para a segunda; 200 € para a terceira e 100 € para as dez seguintes clasificadas

Ir al contenido