Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa municipal sendeirismo 2024

/ Programa municipal sendeirismo 2024

PROGRAMA DEPORTIVO SENDEIRISMO 2024

O Servizo Municipal presenta o PROGRAMA DEPORTIVO DE SENDEIRISMO 2024. Nesta edición ofértanse un total de 6 rutas, con un total de 50 prazas para cada una cun nivel de dificultade medio baixa pola Costa Ártabra.

 

 

PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN:

Prazo de inscrición e matrícula: ata o martes anterior ao inicio de cada ruta debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza.  O impreso de inscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

 PREZO PÚBLICO:

  • Maiores de idade: 15 € por etapa
  • Menores de idade: 10 € por etapa
  • O prezo inclúe transporte, picnic e seguros

NORMATIVA ESPECÍFICA

  • Con carácter xeral é imprescindible ser maior de idade ou no seu defecto, maior de 10 anos con autorización do pai, nai ou titoría legal e acompañados.
  • Na programación deportiva municipal teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado (50) de prazas para cada actividade, así como un número mínimo (15) de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De acordo co establecido pola normativa vixente en materia de protección de datos, informámoslle de que o Responsable de Tratamento dos seus datos persoais é o CONCELLO DE ARTEIXO, con dirección PRAZA ALCALDE RAMON DOPICO, Nº 1-15142 ARTEIXO (A CORUÑA). FINALIDADE DO TRATAMENTO: Os datos serán utilizados para facerlle partícipe da actividade promocionada descrita na presente solicitude, así como a xestión administrativa derivada da mesma. O feito de que non nos facilite parte da información solicitada poderá supoñer a imposibilidade de prestarlle o servizo solicitado.

Cartel senderismo Costa Ártabra 2024

Folla de inscrición

Programa Costa Ártabra rutas 2024

 

Ir al contenido