Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O convenio do novo parque de bombeiros comarcal chegará próximamente ao pleno municipal

PUBLICACIÓN

O convenio do novo parque de bombeiros comarcal chegará próximamente ao pleno municipal

9 Ago, 2024 | NOTICIAS, NOTICIAS PLENOS

O concello de Arteixo recibiu de volta esta semana do Consorcio de Bombeiros o convenio xa revisado que posibilitará a construción dun novo parque de bombeiros comarcal que solucionará as graves carencias estruturais das actuais instalacións, que xa non cumpren cos requisitos necesarios para que os bombeiros poidan realizar o seu traballo.
O concello aprobará agora o convenio no pleno municipal.
O concello levaba meses reclamando o desbloqueo da situación despois de que o presidente de Consorcio de Bombeiros, Valentín González, negásese en repetidas ocasións a asinar o acordo. O concello de Arteixo xa asinara en maio o contrato de redacción do proxecto de execución do novo parque de bombeiros e, anteriormente, redactara un anteproxecto no que se debuxaban as liñas principais do novo parque que se situará nunha parcela de propiedade municipal do polígono de Morás de 4.000 m² que o concello cederá para tal efecto. O citado anteproxecto foi examinado polos técnicos do Consorcio de Bombeiros que deron o seu beneplácito e agora só falta a firma no convenio de traslado, que inclúe o anteproxecto, do presidente do Consorcio de Bombeiros, Valentín González, cargo que detenta debido á súa condición de presidente da Deputación da Coruña.
O concello de Arteixo continúa así cos trámites necesarios para trasladar as instalacións que alberga a parcela de obras municipal, que ten nos seus terreos a maquinaria e as oficinas de obras, a maquinaria do sistema municipal de recollida de residuos (camións e outros vehículos auxiliares), a maquinaria do sistema público de limpeza municipal, o depósito de coches do guindastre municipal, as instalacións de Protección Civil de Arteixo e as instalacións do parque comarcal de bombeiros.
O aumento dos servizos municipais de Arteixo (sistema público de recollida de residuos e de limpeza viaria, principalmente) deixaron totalmente obsoletas unhas instalacións que carecen de naves suficientes para gardar todos os vehículos que teñen alí o seu central de operacións. O propio parque de bombeiros hai anos que quedou tamén obsoleto en canto a accesibilidade, sistemas eléctricos e outro tipo de carencias estruturais.
Debido a esta situación e co obxecto de financiar a construción de novas instalacións para todos estes servizos públicos, o concello de Arteixo poxou en concurso público entre os anos 2022 e 2023 a citada parcela, que foi adquirida por Inditex por 5.082.000 euros, diñeiro que servirá para mellorar todas as instalacións públicas arriba citadas, incluíndo tamén o novo parque de Bombeiros, que ademais estará nunha parcela , no polígono de Morás, que permitirá gañar tempo de reacción aos bombeiros ante posibles emerxencias debido aos seus mellores accesos á autovía A-6.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido