O Servizo Municipal de Deportes comunica as prazas dispoñibles no día de hoxe (21 de xuño) nos cursos de verán municipais de surf.
A partir do luns 24 de xuño, as persoas interesadas poderán realizar a inscrición de forma directa de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal, unha vez se dispoña do recibo correspondente.