Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Cursos Municipais de Verán de Surf: listaxe definitiva

/ Cursos Municipais de Verán de Surf: listaxe definitiva

O Servizo Municipal de Deportes publica a listaxe definitiva de persoas solicitantes dos Cursos Municipais de Verán de Surf. 
O xoves 13 de xuño celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para os cursos de verán de surf. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo. En total recibíronse 304 solicitudes para as 240 prazas ofertadas

A exposición pública da listaxe de persoas admitidas será a partir do 14 de xuño na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 17 ao 20 de xuño, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa,  ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir 24 de xuño (grupos do 3 ao 20) .

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal

Ir al contenido