O vindeiro mércores día 5 de xuño, a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación e a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e o Centro de Formación e Recursos da Coruña, levarán a cabo na Capela do Balneario (Praza do Balneario) ás 18:00h a presentación dunha nova actividade, enmarcada no ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes.
Trátase dunha actividade de conversa con familias que levará por título «Educar o ser: as fortalezas, os valores e as emocións»
A iniciativa contará co maxiterio de Silvia Estévez Touriño, Coach educativa e mestra de Educación Primaria, coach de adolescentes e
familias que leva 5 anos traballando con colexios, adolescentes e familias. Está especializada en competencias socioemocionais, liderado e benestar
educativo.
Con esta inciativa, que xa xurdíu no curso 2021-2022 e tivo varias edicións anteriores, dase continuidade ao ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes
fomentando un espazo que axuda a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas de centros de ensino do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo entre eles.
Contarase cun servizo de ludoteca para todas aquelas persoas asistentes que o precisen.
A inscrición para o servizo de ludoteca realizarase enviando o seguinte formulario de inscrición ao correo electrónico educacion@arteixo.org ata o
día 4 de xuño ás 14:00 horas.
A inscrición para a conversa realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome, apelidos e teléfono da
persoa participante antes do día 4 de xuño ás 14:00 horas.
Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición