Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A Concellería de deportes oferta novos cursos de surf para o verán

/ A Concellería de deportes oferta novos cursos de surf para o verán

O Servizo Municipal de Deportes presenta os Cursos De Verán Municipais de Surf 2024, co fin de promover hábitos de vida saudables na poboación infantil do Concello de Arteixo, así como a mellora da condición física e busca de hábitos de vida saudables a través da actividade física e do deporte, promover relacións sociais entre os participantes das actividades, mediante a integración no grupo e a ocupación do tempo de lecer, aprender os fundamentos deportivos básicos do surf e promover especialmente os aspectos educativos e de formación do deporte.

Procedemento de inscrición:

  1. Prazo de preinscrición: Do 1 ao 7 de xuño O impreso de preinscrición poderase recoller de xeito presencial  no Servizo Municipal de Deportes ou a través do correo electrónico deportes@arteixo.org. Do mesmo xeito poderá descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org neste enlace Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Asimesmo poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  2. Exposición de persoas preinscritas: A partir do 10 de xuño na páxina web municipal.
  3. Prazo subsanación erros: 10-11 de xuño na páxina web municipal.
  4. Publicación listaxe definitiva de persoas preinscritas: 12 de xuño na páxina web municipal.
  5. No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.
  6. Sorteo público: 13 de xuño ás 11:00 h no Pazo dos Deportes
  7. Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 14 de xuño na páxina web municipal
  8. Prazo de matrícula: Do 17 ao 20 de xuño. É obrigatorio entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes ou na dirección deportes@arteixo.org. No caso contrario, procederase á anulación da praza.
  9. De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 24 de xuño, exclusivamente dos grupos do 3 ao 20.
  10. Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (http://www.arteixo.org/servizos/pagos-online).

Relación de cursos ofertados

Prezo Público: 10 € por curso, incluíndo seguros e material deportivo (tabla, traxe e licra)

NORMAS DE FUNCIONAMENTO

  • Idades ás que se dirixen os cursos: Persoas nacidas entre os anos 2009 e 2017
  • É imprescindible saber nadar
  • Teñen preferencia as persoas que están empadroadas no Concello de Arteixo, existindo un número limitado de prazas para cada actividade, así como un número mínimo de prazas a cubrir para que a actividade se leve a cabo.
  • O Servizo Municipal de Deportes resérvase o dereito de efectuar as modificacións nas ubicacións, horarios, profesorado, etc., que considere necesarias.
  • No caso de que o Servizo Municipal de Deportes detecte falsidade nos datos o alumno causará baixa inmediata, sen dereito á devolución do importe abonado.
  • As persoas que asinan a folla de inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que o incapacite para a práctica deportiva, tendo feito o oportuno recoñecemento médico.
  • De conformidade co disposto na normativa vixente de protección de datos de carácter persoal, os seus datos serán tratados de xeito confidencial e poderán ser incorporados aos correspondentes ficheiros do Concello de Arteixo, para a xestión de servizos. En calquera momento poderá exercitar, en relación cos seus datos persoais, os dereitos de acceso, cancelación e rectificación e oposición comunicándoo por escrito no Rexistro Xeral do Concello.
  • Cada persoa poderá solicitar a preinscrición e matricularse nun máximo de 2 cursos. De quedaren prazas vacantes, poderá inscribirse libremente a partir do 24 de xuño ata un máximo de 4 cursos.
Ir al contenido