Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello organiza unha reunión dos veciños de Arteixo con mandos da Garda Civil

PUBLICACIÓN

O Concello organiza unha reunión dos veciños de Arteixo con mandos da Garda Civil

11 Mar, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo convoca aos veciños de Meicende a unha reunón con mandos da Garda Civil o vindeiro luns 18 de marzo ás 19.00 no centro cívico de Meicende.

Cumpre así o acordo que o alcalde Carlos Calvelo tiña cos veciños de Meicende de solicitar a presenza dos responsables da seguridade cidadá a unha reunión pública que se realizará no centro cívico de Meicende.

A proposta parte do acordo ao que chegou o alcalde de Arteixo Carlos Calvelo de buscar solucións a través unha maior presenza da Garda Civil na rúa e de potenciar as investigacións das forzas de seguridade encargadas de desmantelar os puntos de venda de droga, verdadeira raíz do problema do aumento da inseguridade en Meicende. O concello xa solicitara á Garda Civil que aumente o número de efectivos na zona para combater esta venda que, aínda que a pequena escala, suscitou as queixas de comerciantes e veciños.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido