Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Axudas comedor curso 23/24: listaxe de requerimentos

/ Axudas comedor curso 23/24: listaxe de requerimentos

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación procede á publicación da listaxe de requerimentos de documentación para completar expedientes de solicitude de axudas ao estudo – Liña 1 (Axudas para comedor escolar).

O prazo para achegar a documentación requerida é de dez días contados dende o día seguinte da publicación na web. En aplicación do artigo 68.1 da Lei 39/2015 de 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, de non emendar a falta ou achegar a documentación requerida no prazo antedito, terase por desistido da súa petición, logo da correspondente resolución que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da mesma lei.

Prazo para subsanar do 16 ao 29 de febreiro

OBSERVACIÓNS
Modo de consulta de datos:
Establécese pola AEPD que para garantir a protección fronte á divulgación dos documentos identificativos, recoméndase que a publicación dos datos persoais  se realice da seguinte forma:
 No caso de DNI, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima (Ex: Formato 12345678X / Datos publicados: ***4567**)
 No caso de NIE, publicaranse os díxitos que no formato ocupen as posicións cuarta, quinta, sexta e sétima, evitando o primeiro carácter alfabético (Ex.: Formato L1234567X / Datos publicados ****4567*).

Listaxe de requerimentos

Ir al contenido