O prazo de preinscrición será do 1 ao 10 de xuño.
O obxectivo é favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias. A Concellería de Educación lanza un ano máis a súa oferta de campamentos educativos para o verán. Son tres alternativas diferentes coas que ofrecer unha alternativa de ocio aos máis novos durante o período vacacional.
Este verán volve o «Laboratorio musical» ao que se suman «Coñece o teu concello» e o Campamento para adolescentes que desenvolverase baixo o epígrafe «Un verán diferente».
Documentos:
Preinscrición Laboratorio Musical