Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Programa de Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2021/2022

/ Programa de Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2021/2022

Renovación de prazas do 1 ao 15 de xuño. O 28 de xuño publícanse as prazas vacantes

Desde o Servizo Municipal de Deportes comunicamos que o procedemento de inscrición no Programa de Escolas Deportivas Municipais para o vindeiro curso 2021/202 será o seguinte, tendo en conta as restricións sanitarias actuais e  o contemplado no Regulamento de instalacións deportivas municipais e escolas deportivas municipais, aprobado polo Pleno da Corporación en sesión ordinaria celebrada o día 30 de abril de 2015 e publicado no BOP número 213 do 6 de novembro de 2015:  

dxt

RENOVACIÓN DE PRAZAS

Aquelas persoas que xa estiveron inscritas no Programa de Escolas Deportivas Municipais no curso 2020/2021 e non superen o 30 % de faltas de asistencia, poderán renovar a praza no mesmo grupo.

  • Prazo: Do 1 ao 15 de xuño, entregando o xustificante de pago antes das 14.00 h do 15 de xuño de 2021
  • Lugar:
    • Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes, en horario de atención ao público con cita previa (de luns a venres de 9.00 a 14.00 horas)
    • Solicitándoo a través do correo electrónico deportes@arteixo.org, indicando nome, apelidos, dni e grupo no que se atopa inscrito e solicita a renovación.

 Segundo o artigo 8 da ordenanza nº 34 “prezo público pola prestación de servizos socioculturais, educativos, deportivos, recreativos e outros análogos”

ARTIGO 8. Normas de xestión. 1. A non asistencia ás actividades contempladas nesta ordenanza non xerará ao obrigado ao pagamento, dereito de devolución dos prezos abonados, agás que se produza algunha das seguintes situacións:

a) Que a actividade, obradoiro ou taller, tivera alteracións na súa organización, por causas imputábeis a Administración.

b) Que a actividade, obradoiro ou taller non chegara a desenvolverse por causas imputábeis a esta Administración.

NOVAS INSCRICIÓNS

Publicación de prazas vacantes: 28 de xuño na páxina web municipal

 Prazo de preinscrición: do 1 ao 15 de agosto

  • O impreso de preinscrición poderase recoller nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes ou descargalo na páxina web municipal www.arteixo.org. Deberase entregar nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes con cita previa, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas). Do mesmo xeito poderase enviar á dirección deportes@arteixo.org.
  • No caso que o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, terá lugar un sorteo público procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo.

 Exposición de persoas preinscritas: 20 de agosto na páxina web municipal.

 Sorteo público: 24 de agosto ás 11:00 h no Pazo dos Deportes de Arteixo

 Exposición da listaxe de persoas admitidas: A partir do 27 de agosto na páxina web municipal.

 Prazo de matrícula: As persoas admitidas terán un prazo (30 de agosto ao 15 de setembro) para formalizar a matrícula de cada actividade, debendo entregar o xustificante de pagamento, exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes. No caso contrario, procederase á anulación da praza. Deberán achegarse a folla de inscrición e recibo de pagamento.

De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións libres a partir do 1 de outubro. O calendario de actividades rexerase co establecido pola Consellería de Educación, coas vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa.

Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal (https://arteixo.org/servizos/pagos-online).

NORMAS ESPECÍFICAS MOTIVADAS POLA COVID-19. Debido á situación de emerxencia sanitaria motivada pola Covid-19 e co fin de garantir a seguridade das persoas que van realizar a solicitude de actividades, establécense as seguintes normas:

  • Obriga de solicitar cita previa. O  alumnado  deberá  solicitar  cita  previa  antes de  acudir  ao Servizo Municipal de Deportes
  • Poderase solicitar cita previa do seguinte xeito:
    • A través de web municipal: https://arteixo.org/tramites/cita-previa/
    • A través de chamada telefónica: 981659180 / 981659172 (De luns a venres, en horario de atención ao público de 09:00 a 14:00 horas)
  • Unha mesma persoa pode formalizar varias solicitudes, de esa persoa ou de familiares.
  • Deberase acudir á cita con puntualidade, de tal forma que non se formen colas.
  • No  momento  de  espera  para  acceder  á  instalación  deberase  gardar  a  distancia obrigatoria de 1,5 metros.
  • E obrigatorio levar máscara en todo momento.
Ir al contenido