Logo da finalización do prazo de subsanación, sen que se presentasen alegación as listaxes publicadas o pasado venres 9 de xuño, o Servizo Municipal de Deporte publica a listaxe definitiva de persoas solicitantes dos cursos municipais de surf 2023.
Lémbrase que o vindeiro xoves 15 de xuño celebrarase ás 11.00 h no Pazo dos Deportes o sorteo de prazas para os cursos de verán de surf. No caso dos grupos donde o número de solicitudes supere ao das prazas ofertadas, procedéndose á asignación de prazas a partir da primeira letra do primeiro apelido, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Arteixo. En total recibíronse 309 solicitudes para as 240 prazas ofertadas.
A exposición pública da listaxe de persoas admitidas terá lugar o 16 de xuño na páxina web municipal e no Servizo Municipal de Deportes. As persoas admitidas terán un prazo para formalizar a matrícula: do 19 ao 22 de xuño, que poderá facerse de xeito presencial no Servizo Municipal de Deportes con cita previa, ou a través do correo electrónico na dirección deportes@arteixo.org
De quedaren prazas libres, seguirán facéndose inscricións directas a partir do 26 de xuño.
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal