Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello comezará en xullo a instalación de marquesiñas e postes intelixentes nas paradas de autobús

PUBLICACIÓN

O Concello comezará en xullo a instalación de marquesiñas e postes intelixentes nas paradas de autobús

4 May, 2023 | NOTICIAS

O concello de Arteixo iniciará en xullo ano a colocación de 38 postes e 14 marquesiñas intelixentes.

O investimento de 344.000 euros está financiada ao 80% polos fondos Feder e enmárcase dentro da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (EDUSI) “Novarteixo 2020”, que ten como obxectivo transformar o territorio municipal e ofrecer unha maior calidade urbana, equilibrada económica e socialmente.

As marquesiñas e os postes colocaranse en núcleos urbanos como Meicende (travesía de Meicende), Pastoriza (travesía de Pastoriza e A Maceira), Oseiro, Vilarrodís ou Arteixo. Paralelamente o concello desnevolviu unha segunda fase deste proxecto dirixido aos núcleos rurais do concello que sairá a licitación no mes de xuño por un prezo basee de 412.000 euros financiados polos fondos europeos Next Generation. Serán 16 marquesiñas e 16 postes intelixentes que se colocarán na zona rural.

Dentro do concepto de mobilidade sostible, Arteixo necesita unha modernización do seu servizo de información acerca das liñas de autobuses de transporte público, tendo en conta que a principal fonte de información puntual para as persoas usuarias, ademais do teléfono móbil, son as propias marquesiñas e postes intelixentes que, ademais debe ser eficientes, deben servir para proporcionar información doutros servizos municipais.

Coa finalidade de dotar a Arteixo desta moderna infraestrutura para o transporte, preténdese con este contrato a subministración e instalación de postes e marquesiñas intelixentes en paradas do autobús urbano, principalmente nos nodos de maior fluxo de persoas usuarias, que estean dotadas de sistemas que permitan proporcionar información puntual e útil ás persoas usuarias xunto a outros servizos que acheguen maior comodidade á espera, para que ademais de ser espazos para agardar ao transporte público en condicións de comodidade, constitúan lugares expandidos para a información e a comunicación.

O mobiliario urbano instalarase ben en paradas situadas en núcleos urbanos, dentro das poboacións, ou ben próximo a elas ou en localizacións rurais. Trátase, por tanto, de mobiliario exposto ás condicións meteorolóxicas e a posibles actos de vandalismo, circunstancias que deben tomarse en consideración á hora de definir as súas características, así como no seu deseño, elección de materiais, fabricación e instalación. Igualmente, polos motivos expostos, debe considerarse especialmente o ciclo de vida destes elementos urbanos.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido