Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello acorda coa Xunta de Galicia melloras nas frecuencias do transporte municipal

PUBLICACIÓN

O Concello acorda coa Xunta de Galicia melloras nas frecuencias do transporte municipal

17 Abr, 2023 | NOTICIAS

A Xunta e o Concello de Arteixo veñen de asinar o convenio para incrementar as frecuencias e o ámbito territorial en tres liñas de transporte público municipal, melloras que se activarán o vindeiro 2 de maio.

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, firmou hoxe este acordo co alcalde, Carlos Calvelo, e o representante da empresa Autos Carballo, Carlos Varela.

Vázquez Mourelle avanzou que en preto de 2 semanas, tan pronto se fagan todas as adaptacións tecnolóxicas necesarias e se cargue toda a información para os usuarios, poñeranse en marcha estas melloras no sistema de autobús municipal de Arteixo.

Sinalou que estes novos servizos se prestarán de luns a venres e para o seu financiamento o Concello incrementará a súa achega ata máis de 105.000€ anuais, un total de 422.000€ nos 4 anos de vixencia do novo convenio.

Subliñou que o obxectivo é incrementar os servizos entre as distintas parroquias, tanto na súa extensión territorial, como en frecuencias, tendo en conta que este sistema de autobús municipal viu aumentada a súa demanda un 73% desde o seu inicio, sendo empregado na actualidade por máis de 232.000 usuarios cada ano.

Detallou que se beneficiarán da ampliación de servizos os usuarios da liña 3, que nestes momentos conta con 2 expedicións circulares. Ampliaranse as frecuencias e o ámbito da liña, abarcando localidades como Santa Icía e Santa Locaia, e aumentando horarios con 5 expedicións de ida e 5 de volta.

Esta optimización posibilitará que os alumnos de ensinanza non obrigatoria de Arteixo poidan empregar o autobús para a entrada e para a saída das clases. No núcleo de Fortesende, concretamente, hai un grupo de 11 rapaces que acoden diariamente aos institutos de Arteixo. Ao cubrir estes servizos as primeiras horas da mañá, tamén se favorece que os veciños que empregan esta liña poidan acudir ao centro de saúde con maior facilidade.

Ademais de en Loureda, a conselleira indicou que se ampliarán frecuencias nas liñas de Sorrizo-Barazán, na que se engade un novo horario ás 17,30 horas; e na liña Larín-Monteagudo-Armentón, na que se suma outro novo ás 17,20 horas.

Este servizo de autobús municipal de Arteixo enmárcase no Plan de transporte metropolitano de Galicia da área da Coruña, ao que está adherido este concello. Dese xeito, os usuarios poden beneficiarse das bonificacións xerais da tarxeta de mobilidade de Galicia, TMG,  ademais das bonificacións por recorrencia ou por ser familia numerosa. Tamén é de aplicación nestes autobuses a gratuidade para os menores de 21 anos empregando a tarxeta Xente Nova.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido