Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Prazo para a incrición do novo alumnado na Escola Municipal de Música: curso 2023/2024

/ Prazo para a incrición do novo alumnado na Escola Municipal de Música: curso 2023/2024

A concellería de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, abre o prazo de inscripción para o alumnado de nova incorporación á escola municipal de Música de Arteixo (EMMArteixo), para o curso 2023/2024.

O prazo estará aberto entre o 14 de abril e o 9 de maio e aplicase as dúas sedes de Arteixo e Meicende.

As solicitudes deben ter entrada no correo habilitado ao efecto desde as 00:00 do día 14 de abril ata as 14:00 horas do último día de prazo, 9 de maio. As solicitudes fóra dese prazo non se admitirán.

A EMMA dispón dunha ampla oferta instrumental que se pode consultar neste enlace

No prazo que se abre, as solicitudes de preinscripción poderán formalizarse para as seguintes materias:

MÚSICA E MOVEMENTO (persoas nadas entre 2016 e 2019)

Os grupos son os seguintes:

INICIACIÓN I (Persoas nadas en 2019)

INICIACIÓN II (Persoas nadas en 2018)

BÁSICA I (Persoas nadas en 2017)

BÁSICA II (Persoas nadas en 2016)

LINGUAXE MUSICAL E INSTRUMENTO (Persoas nadas en 2015 ou con anterioridade, agás o alumnado que solicite canto que deberá ser nado/a en 2013 ou con posterioridade).

ENVÍO DE DOCUMENTACIÓN

A través do enderezo electrónico emmaarteixo@gmail.com, mediante o envío do modelo de inscrición. (Cubrir tamén a Declaración xurada e protección datos)

INFORMACIÓN

Por teléfono: 671 582 787 nos seguintes horarios:

  • Luns de 09:00h a 13:15h
  • Mércores de 09:00h a 13:15h
  • Xoves de 16:00h a 18:30h
  • Venres de 09:00h a 13:15h

Por correo electrónico: emmaarteixo@gmail.com

Prazos renovación EMMA

Ir al contenido