De cara ás próximas Eleccións Locais que se celebrarán o vindeiro 28 de maio de 2023, ponse en coñecemento de toda a veciñanza do Concello de Arteixo que entre os días 10 e 17 de abril de 2023, ámbolos dous incluídos, estará exposto o Censo Electoral para que todas aquelas persoas que queiran consultalo e presentar a reclamación correspondente, no caso de que algún dos seus datos censais sexa erróneo.
Data peche censo: 30 de xaneiro de 2023
Lugar de exposición: Concello de Arteixo (Praza Alcalde Ramón Dopico, 1)
Horario de exposición: De luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas
Para a consulta será imprescindible a presentación do documento de identidade orixinal.
As reclamacións pódense presentar nas oficinas xerais da Casa Consistorial.
Para calquera información, pode consultar nos teléfonos: 900.343.262 (gratuíto) e 981217439.