Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello abre o novo centro social de Sol e Mar

PUBLICACIÓN

O Concello abre o novo centro social de Sol e Mar

21 Mar, 2023 | NOTICIAS

O concello abre esta tarde, ás 16h,  o novo centro social do barrio de Sol e Mar, situado no mesmo espazo que ocupaba anteriormente pero que foi obxecto dunha modernización e reforma.

Os traballos permitiron ampliar as salas dedicadas ás actividades dos veciños que agora dispoñen dunha superficie de 300 metros cadrados, onde se sitúan as salas de actividades, a zona de aseos, unha oficina e un almacén. Ademais, as obras inclúen a renovación da fachada exterior, de tal modo que se ampliarán as xanelas e accederá máis luz ao interior.

A obra desenvolveuse nos locais xa existentes que ocupaba o vello centro social. Noutro local anexo ao centro social que comprou o concello habilitarase agora o espazo para a nova biblioteca municipal, que así tamén verá ampliada as súas instalacións que antes tiña que compartir co espazo dedicado a centro social. Agora a biblioteca e o centro social terán locais separados.

Para evitar a paralización da actividade da biblioteca, a instalación trasladouse hai meses para un terceiro local de 150 m² que está enfronte ao centro social e que tamén comprou o concello. Cando acaben os traballos, este último espazo quedará ao dispor da asociación de veciños, que así terán un espazo para realizar as súas actividades.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido