Arteixo colabora coa Asociación Española de Operadores Públicos de Abastecemento e Saneamento (AEOPAS) desde que en 2013 municipalizara o servizo de Arteixo. Agora a empresa pública Servizos Urbanos Municipais de Arteixo (Sumarche) pasa a ser membro de pleno dereito desta asociación de alcance estatal.
En palabras do alcalde Carlos Calvelo, a nosa adhesión explícase «porque os entes municipais públicos deben colaborar para dar un mellor servizo aos seus veciños . A suma é forza». Para Luís Babiano, xerente de AEOPAS e o outro asinante da entrada de Arteixo en Aeopas, «desde inicio do proceso de remunicipalización de Arteixo no 2013, Aeopas apoiou tanto a constitución da empresa pública como a súa propia xestión porque impulsa un modelo máis eficaz, transparente e investidor». É unha mostra que o modelo público é eficaz e de garantías fronte ao cfambio climático.
Aeopas sinala o cambio climático afecta xa directamente á calidade e dispoñibilidade da auga nos nosos pobos e cidades, os riscos de inundación e as ondas de calor aumentan inexorablemente. O desafío é maiúsculo e urxente: temos que adaptarnos e a única maneira de lograr cambios tan rápidos e prol-fundos é coa participación dos cidadáns na xestión da auga. Neste sentido o modelo público é garantía de planificación e investimento fronte a outros modelos que priman o beneficio e a inmediatez.
Hai que lembrar que Sumarche constituíuse como empresa cento por cento pública o ano pasado e que no seu consello de administración están representados todos os partidos da corporación arteixá: PP, PSOE, BNG e Antonio Patiño como concelleiro non adscrito. En Galicia tamén forman parte de Aeopas a empresa pública Emalcsa da Coruña e os operadores públicos de Fene, Ames e Ferrol.