Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O concello facilita a conciliación coas novas edicións dos campamentos de semana santa

/ O concello facilita a conciliación coas novas edicións dos campamentos de semana santa

Favorecer a conciliación da vida familiar e laboral das familias e ofrecer unha alternativa de ocio e tempo libre ós nenos e nenas menores
do Concello durante as vacacións escolares de Semana Santa. É o obxectivo xenérico dos campamentos que para este período ofrece, un ano máis, a Concellería de igualdade, servizos sociais, sanidade e Educación.

A oferta é de tres campamentos con actividades diferentes. Trátase do campamento «concilia»; o «laboratorio musical» e unha terceira opción adicada especialmente á rapazada, a partir de doce anos, con diversidade funcional.

Ofértanse 30 prazas en cada un e as personas interesadas poderán formalizar a preinscrición a través do correo electrónico educacion@arteixo.org do 15 ao 23 de marzo. Deberán poñer no asunto «campamento semana santa 2023» e adxuntar este impreso de solicitude. O prazo de formalización de matrícula será do 24 ao 28 de marzo. 

Ir al contenido