Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > "Comprender a adolescencia" é o eixe dunha nova sesión do Espazo Educa-Creando Pontes

/ «Comprender a adolescencia» é o eixe dunha nova sesión do Espazo Educa-Creando Pontes

«Comprender a adolescencia para educar desde a infancia». Baixo esté título a Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación propón unha nova sesión do «Espazo Educa-Creando Pontes». Trátase dunha actividade desenvolvida a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e o Centro de Formación e Recursos da Coruña.

A charla, o mércores 22 de marzo no Centro Arteixo Innovación, contará coa participación de Eduardo Barca Enríquez que é psicólogo educativo e traumaterapeuta infantil sistémico, docente e investiga-dor na UDC, Doctor en Psicoloxía pola UVigo.Leva máis de 15 años atendendo a nenos, nenas, adolescentes e familias e está especializado en Adopción e Acollemento, problemas de conduta e alteracións emocionais.

Con esta inciativa, que xa xurdíu no curso pasado e tivo varias edicións anteriores, dase continuidade ao ESPAZO EDUCA_ Creando Pontes fomentando un espazo que axuda a potenciar as relacións entre os diferentes membros das comunidades educativas de centros de ensino do Concello de Arteixo, na liña de establecer canles de comunicación e diálogo entre eles.

Contarase cun servizo de ludoteca para todas aquelas persoas asistentes que o precisen.

A inscrición para o servizo de ludoteca realizarase enviando o seguinte formulario ao correo electrónico educacion@arteixo.org ata o día 21 de marzo ás 14:00 horas.

A inscrición para a conversa realizarase enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome, apelidos e teléfono da persoa participante antes do día 22 DE marzo ás 14:00 horas.

Prazas limitadas por rigurosa orde de inscrición

Ir al contenido