Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Aberto o prazo de admisión nos centros de educación infantil e primaria para o próximo curso

/ Aberto o prazo de admisión nos centros de educación infantil e primaria para o próximo curso

Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo de admisión nos centros escolares para o curso 2023-2024

NORMATIVA APLICABLE

  • Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 11/02/2022)
  • Orde do 21 de outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, de 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión de alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG 08/11/2022)

 CALENDARIO

Do 1 ao 20 de marzo: Presentación das solicitudes ordinarias de admisión

Do 21 de marzo ao 3 de abril: Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar.

25 de abril: Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido, indicando que se poderá formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir da súa publicación.

15 de maio: publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido

Do 20 ao 30 de xuño: Formalización da matrícula  no centro asignado en Educación Infantil e Primaria

INSTRUCCIÓNS

A solicitude de admisión de alumnado (ED550B) presentarase preferiblemente por vía electrónica mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderase presentar a solicitude presencialmente no centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Cada solicitude pode conter unha relación de ata seis centros, por orde de preferencia e alegaranse os criterios de admisión que se pretenda que se valoren. Esta solicitude de admisión, dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

A solicitude deberá estar asinada por calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras do/a alumno/a, debendo constar  consentimento expreso da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora no anexo de comprobación de datos dos membros da unidade familiar e consentimento, coa excepción do consentimento da persoa agresora en casos de violencia de xénero.

 DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA (CANDO ASÍ O REQUIRA O CENTRO INDICADO EN PRIMEIRO LUGAR)

As persoas interesadas, deberán presentar, de forma presencial, cando así o requira o centro indicado en primeiro lugar, a seguinte documentación:

  1. Anexo II – bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e de consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora)
  2. Documento acreditativo da representación
  3. Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar. En caso de separación ou divorcio, deberá presentar a sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  4. Certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar, que deberá indicar a data de alta e estar expedido no ano anterior ao inicio do prazo de presentación de solicitudes. Se a residencia no domicilio fose inferior a 1 ano, deberá presentar, ademáis, escritura de compra, contrato de aluguer ou título que lexitima a ocupación da vivenda, así coma recibos acreditativos do pago de subministros (auga, luz…)
  5. Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta allea: contrato de traballo no que conste o enderezo do centro de traballo e informe de vida laboral obtido no ano natural do procedemento de admisión.
  6. Lugar de traballo. Persoa traballadora por conta propia: certificado de alta no censo de actividades económicas da AEAT no que conste o enderezo de traballo, a licenza de apertura ou actividade do concello, se non está obrigado a estar dado de alta en dito censo.
  7. Lugar de traballo. Persoal ao servizo das administracións públicas: certificado da unidade de persoal no que conste o enderezo do centro de traballo
  8. Libro de familia ou certificación de parto múltiple
  9. Documentación xustificativa da condición de familia monoparental
  10. Certificado de discapacidade da persoa solicitante ou membro computable da familia non expedido pola Administración automómica

 

    1. Documentación xustificativa da condición de vítima de violencia de xénero, de acordó co artigo 5 da Lei 11/2007, de 7 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
    2. Certificado de vítima de terrorismo, de acordo coa Lei 29/2011, de 22 de setembro, de recoñecemento e protección integral ás vítimas de terrorismo
    3. Certificado de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que as persoas proxenitoras ou titoras carezan de DNI ou NIE.

    CENTROS ESCOLARES PÚBLICOS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA DO TERMO MUNICIPAL DE ARTEIXO

    Escolas de Educación Infantil

    • EEI Barrionovo. Praza da escola, 1. 15140. Pastoriza. Tlf 696846412
    • EEI Vilarrodís. Rúa Carlos Maside, 16. 15141. Vilarrodís.Tlf 616466312
    • EEI Larín. Lg Casanova, 3. 15144. Larín. Tlf 981606212
    • EEI Lagoa. Lg da Lagoa, 16. 15144. Sorrizo. Tlf 981646930
    • EEI Rorís. Lg Rorís, 12. 15144. Armentón. Tlf 981640238

    Centros de Educación Infantil e Primaria

    • CEIP Arteixo. Avda. Arsenio Iglesias, 33 B. 15142. Arteixo. Tlf 981641284
    • CEIP Ponte dos Brozos. Avda. Arsenio Iglesias, parcela 34. 15142. Arteixo. Tlf 881960506
    • CEIP Galán. Rúa Miguel de Cervantes, 21. 15141. Oseiro. Tlf 881880903
    • CEIP San Xosé Obreiro. Travesía de Meirás, s/n. 15008. Meicende. Tlf 881880214
Ir al contenido