O concello de Arteixo abre mañá ao público o novo complexo de piscinas de Pastoriza-Meicende.
O edificio sitúase nunha parcela de 23.000 m², unha nova zona verde contigua á xa existente no encoro de Meicende, e que alberga o novo complexo deportivo que conta con dúas piscinas, un ximnasio de 500 m² e catro salgas máis de actividades deportivas
A apertura do edificio terá varias fases:
1ª FASE VISITAS GUIADAS: Comezo mañá día 22 de decembro. Horarios: de 10:00 a 13:00 de 17:00 a 21:00 os días 22, 23, 26, 27, 28, 29 e 30 de decembro. Aos visitantes informaráselles das actividades e as tarifas, ademais de ensinarlles as instalacións. A información pode ser solicitada no teléfono 981 79 81 47
2ª FASE PUERTAS ABERTAS GRATUÍTO: Comezo o 2 de xaneiro e finalización o 15 de xaneiro. Haberá acceso libre e gratuíto á instalación ata o 15 de xaneiro. Teléfono de información 981 79 81 47 ou na propia instalación. Actividades dirixidas de luns a venres, sábados mañá: 10:30 – 12:30h. / 18:00 – 20:00h. Nado libre de luns a domingo. Asistencia previa inscrición en grupos cunha hora de actividade ata completar aforo de 20 persoas. Os grupos poderanse completar sen necesidade de inscrición ata o máximo de 20 persoas. Horarios de 09:00 – 12:00 / 17:00 – 21:00.
3ª FASE APERTURA XERAL. Comezo 16 de xaneiro. Comezo das actividades dirixidas. Deseño de programas de adestramento persoais fitness. Oferta de cursos trimestrais de natación.
O edificio alberga dúas piscinas -unha será de iniciación destinada fundamentalmente aos nenos-, un ximnasio de 500 m², e catro salgas de actividades destinadas a diferentes disciplinas deportivas de entre 120 e 200 m2.
O proxecto instalarase sobre un terreo de 22.698 m², onde o edificio ocupa 4.872 m² e unha zona verde de 13.889 m². O edificio intégrase na contorna que ten certa pendente desde o AC-415 ata o encoro a través dun vial de acceso que desemboca nunha zona de aparcamento para vehículos privados e autobuses. O edificio distribúese en dúas plantas e un soto.
O concello destinou 4.175.000 euros á construción do edificio e 773.000 euros á urbanización da nova zona verde. En canto á construción, o edificio conta con cerramentos de formigón visto e cortiza, unha clase de cerramento que o equipo redactor (Nimo e Mezquita Arquitectura) xa utilizou en instalacións de Lisboa, Setúbal e Braga, e que conseguiu a cualificación de clase enerxética A. Tamén terá un campo de enerxía solar que abastecerá preto das necesidades eléctricas do concello. Tamén se utilizará a calor residual que xurda das instalacións do concello para a calefacción do edificio. As augas grises dos filtros das piscinas tamén se reutilizarán para os inodoros do edificio.
![](https://arteixo.org/wp-content/uploads/2022/12/1-768x1024.jpg)
Carlos Calvelo, alcalde de Arteixo, sinalou que con “o novo transporte circular que puxo en marcha o concello de Arteixo, a nova piscina non dará servizo só aos veciños de Pastoriza e Meicende senón tamén doutros núcleos como Vilarrodís e Oseiro, que estarán a só dez minutos da instalación se utilizan o novo autobús municipal”. As nova infraestruturas ampliarán a actual zona verde que se sitúa nas marxes do encoro de Meicende e servirá para ofrecer un novo equipamento aos veciños da zona norte de Arteixo.
![](https://arteixo.org/wp-content/uploads/2022/12/2-1024x768.jpg)