Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Campaña de Neve da Deputación de A Coruña: listaxe de persoas admitidas

/ Campaña de Neve da Deputación de A Coruña: listaxe de persoas admitidas

O Departamento de Deportes fai pública a listaxe de persoas admitidas nas prazas da Campaña de Neve da Deputación de A Coruña ao Concello de Arteixo, como resultado do sorteo público celebrado o luns 19 de decembro de 2022 ás 09.30 h no Salón de Plenos do Concello de Arteixo, no que a letra resultante de dito sorteo foi a «A».

As persoas admitidas terán ata o xoves 22 de decembro para formalizar a matrícula debendo entregar a seguinte documentación no Servizo Municipal de Deportes antes das 14.00 h do 22 de decembro:
a.    Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada
b.    Fotocopia tarxeta sanitaria
c.    Fotocopia carné de identidade ou libro de familia
d.    Copia aboamento cota inscrición (cando o número de conta sexa publicado na web da Deputación)
e.    No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, adxuntarase certificado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

Todas as persoas solicitantes que non obtivesen praza, pasan a formar parte da listaxe de agarda.

Ir al contenido