Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > A ecoloxía e a música oferta dos campamentos de Nadal para a rapazada

/ A ecoloxía e a música oferta dos campamentos de Nadal para a rapazada

A Concellaría de igualdade, sanidade, educación e servizos sociais pon en marcha a súa oferta de campamentos de Nadal para este 2022.

A oferta, para a rapazada do segundo ciclo de Infantil e Primaria empadroada no concello, consta dun campamento urbano adicado á ecoloxía e que se desenvolverá nas instalacións de Agarimo; e unha nova edición do Laboratorio Musical centrado, nesta ocasión, na «música dos paxaros». 

O campamento urbano, do 23 de decembro ao 5 de xaneiro, será de 7,15h a 17.30h ou de 10h a 14h. Hai 30 prazas para nenos e nenas de idades entre os 3 e 12 anos.

O Laboratorio Musical, nas mesmas datas, é para a rapazada de 4 a 12 anos e desenvolverase no centro cívico de Arteixo nas mesmas datas e de 10 a 14h.

En ambos casos o prezo é de 40€. No campamento urbano hai transporte gratuito e servizos de ludoteca, madrugadores e xantar que teñen un custo a maiores.

Toda a información e prezos pódese consultar neste enlace . Os interesados deben cubrir esta solicitude de inscrición e enviala ao correo electrónico educacion@arteixo.org entre o 1 e o 15 de decembro. Deberán poñer no asunto campamento Nadal 2022

 

 

Ir al contenido