O goberno municipal de Arteixo recibiu do Grupo Parlamentario Popular no Congreso dos Diputados a enmenda pola que o PP reclama en Madrid que o Estado volva a incluir unha partida orzamentaria para o enlace de Meicende.
No seu día, a ministra Ana Pastor iniciou a tramitación coa redacción do proxecto e a confección do expediente de expropiación necesario para conseguir os terrenos.
Coa construción da Autovía do Porto Exterior abriuse unha posibilidade de aproveitar unha nova infraestrutura para aliviar de todo ese tráfico pesado e perigoso ás poboacións de Meicende e Pastoriza a través da construción por parte do Ministerio de Fomento dunha ligazón á citada autovía coa estrada AC-415. Carlos Calvelo foi o primeiro e demandar esta infraestructura, e como alcalde de Arteixo impulsou varias mocións municipales para demandar a súa licitación, último paso necesario para a súa construcción.
O proxecto de enlace coa autovía do Porto Exterior cumpríría con dúas finalidades. Trátase de facer unha circunvalación para os veciños de Meicende e Pastoriza á hora de mellorar as súas comunicacións tanto en dirección A Coruña como en dirección a Arteixo; e de crear un vial perimetral á refinería de Repsol co obxectivo da eliminación de tráfico pesado e de mercadurías perigosas polo núcleo urbano de Meicende