A concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación, organiza un taller para que os máis pequenos da casa podan participar na comparsa infantil e no obradoiro de xogos da Feira 1900. As persoas participantes no taller poderán confeccionar a vestimenta e complementos para participar na comparsa que se vai organizar o venres día 14 a partir das 17:00 horas.
Hai 40 prazas dispoñibles para a rapazada de 3 a 12 anos e o prazo de inscrición será do 28 ao 30 de setembro. Se houbera máis demanda que prazas, haberá un sorteo o venres 30 ás 10:00 horas no Departamento de Educación.
Os interesados deben enviar esta solicitude cuberta a educacion@arteixo.org
É unha actividade gratuita que terá lugar os sábados 1 e 8 de outubro de 11:00 a 13:00 horas no Departamento de Educación, na Avenida dos Bosques,16 baixo.