Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Prazas libres na Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial

/ Prazas libres na Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial

A Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación aínda dispón de prazas libres para participar na Escola de Neurodesarrollo Infantil de Música Vivencial.

Trátase dun innovador programa  baseado nas últimas teorías neurocientíficas sobre a relación da música, o movemento e o desenvolvemento neuronal dos bebés desde o mesmo nacemento.

A actividade, baixo a dirección do recoñecido músico arteixán Rubén Someso, destínase á infancia de 0 a 3 anos e desenvolverase todos os mércores de outubro a xuño, no departamento de educación e en diferentes horarios: de 16:20 a 17h; de 17,05 a 17,45h; de 17,50 a 18,20h; de 18,25 a 19,55h e de 19 a 19,40h. Cada un dos turnos dispón de 12 prazas. O custo é de 25€.

As prazas dispoñibles outorgaranse por orde de inscrición. Os interesados deben entregar este formulario de forma presencial na oficina do departamento de Educación situado na Avenida dos Bosques, 16 – Baixo. Tamén poderán enviala por correo electrónico ao mail educacion@arteixo.org. 

Ir al contenido