Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Os campamentos de verán da concellería de educación pechan a edición de 2022 con cerca de 1000 participantes

/ Os campamentos de verán da concellería de educación pechan a edición de 2022 con cerca de 1000 participantes

Máis de 850 rapaces e rapazas participaron no verán de 2022 nos campamentos de verán organizados pola Concellaría de Igualdade, Servizos Sociais, Sanidade e Educación que investiu nesta iniciativa máis de 90.000 €

As actividades, que comezaron o 23 de xuño e finalizaron o 7 de setembro, teñen como obxectivo contribuir á conciliación da vida familiar e laboral das familias, non só das familias con alumnado menor de 12 anos, senón tamén das familias dos adolescentes, iniciar aos menores na práctica musical dun modo lúdico e atender as necesidades das familias de persoas con diversidade funcional cunha alternativa de ocio específica para que estas poidan descansar dos coidados das persoas participantes.

A iniciativa contou con atención aos participantes desde as 07:15 ata as 17:30 horas, con servizos coma madrugadores, comedor e ludoteca.

Aqueles participantes que non empregaban os servizos complementarios e só asistían aos campamentos, contaron cun servizo de transporte gratuito con rutas por todo o termo municipal.

 

Ir al contenido