O Alcalde Carlos Calvelo acompañará o próximos xoves aos técnicos da Autoridade Portuaria nunha xuntanza informativa cos afectados polas obras de construcción do acceso ferroviario ao porto exterior de Punta Langosteira.
O encontro, previo ao levantamento de actas de ocupación, está fixado para o xoves 8 de setembro ás 20.00 h no Local Municipal Suevos C.F.
Os carteis colocados inicialmente nalgún punto do concello indicaban que o encontro sería o venres, pero modificouse nas últimas horas e será, definitivamente, o xoves día 8.