O Concello de Arteixo comunica as prazas vacantes nas Actividades Extraescolares a data de 31 de agosto de 2022 logo da finalización do período de matrícula. Para solicitar as prazas vacantes deberase seguir o seguinte procedemento a partir do 1 de setembro
ACTIVIDADES DEPORTIVAS:
A formalización da matrícula nas actividades deportivas extraescolares poderán realizarse exclusivamente no Servizo Municipal de Deportes de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas); ou a través da dirección de correo electrónico deportes@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito
ACTIVIDADES EDUCATIVAS
A formalización da matrícula nas actividades educativas extraescolares poderán realizarse exclusivamente no Departamento de Educación de xeito presencial en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas); ou a través da dirección de correo electrónico educacion@arteixo.org. O xustificante de pago deberase entregar do mesmo xeito
Pódese efectuar o pago do prezo público nas entidades bancarias habituais ou a través do TPV virtual na páxina web municipal .