Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello reúne máis de 1800 alegacións contra os parques eólicos de Carboeiro e Pedra Queimada

PUBLICACIÓN

O Concello reúne máis de 1800 alegacións contra os parques eólicos de Carboeiro e Pedra Queimada

24 Ago, 2022 | NOTICIAS

Arteixo consegue xuntar máis de 1800 alegacións en contra da instalación no municipio dos parques eólicos de Carboeiro, na zona de Santa Leocadia; e de Pedra Queimada, que se situaría na fronteira cos concellos de Carballo e A Laracha.

O Concello distribuiu entre a veciñanza dúas alegacións tipo contra cada unha destas instalacións das que se presentaron 1200 contra o parque de Carboeiro e 600 contra o de Pedra Queimada. Do mesmo xeito o Concello dispón nesta web unha terceira alegación contra a liña eléctrica que serviría para evacuar a enerxía do parque de Pedra Queimada. O prazo de presentación, neste último caso, finaliza o próximo 1 de setembro.

Arteixo está en contra destas instalacións polo seu negativo impacto ambiental e a súa proximidade aos núcleos rurais.

O alcalde Carlos Calvelo explicará mañá ás 20.00h no centro social de O Foxo o estado da tramitación da liña eléctrica de evacuación do parque de Pedra Queimada e a forma de presentar alegacións en contra

Ir al contenido