O pleno do concello abordará a semana próxima a aprobación dun acordo coa empresa RIOFISA para que a zona deportiva privada da urbanización Montegolf pase a ser pública mediante unha cesión e resolver a devolución dos 644.000€ que a empresa depositou en 2022 a través dun acordo que lle permitía aumentar o aproveitamento urbanístico nun 10% na denominada 2ª fase de Montegolf.
A empresa non chegara a realizar ese aproveitamento debido á crise inmobiliaria sofrida polo país e que provocou que esta segunda fase non chegase a se realizar tal e como estaba prevista.
Riofisa demandara en 2019 en contencioso xudicial a devolución destes 644.000 euros aos que engadía 384.000 euros en concepto de intereses e 170.000 en concepto dos desbroces que tivera que realizar durante estes anos. O Concello negouse dende un principio a estas pretensións e comezou un proceso de negociación extraxudicial coa compañía e que agora chega a término.
O acordo, que debe aprobar o pleno, non contempla o pago de intereses ou os desbroces por parte da empresa pero sí recolle unha quita de 340.000 euros a favor do concello dos 644.000 que no seu día abonou a empresa na administración.
Unha vez aprobado o acordo o concello reparará e actualizará a zona deportiva que se convertirá nunha zona de ocio pública. O recinto deportivo ten varias canchas deportivas e unha pisicina descuberta.