A concellaría de Educación pon en funcionamento para o novo curso un servizo de conciliación para as mañás en todos os centros educativos de Arteixo que ata o de agora non contaban con este servizo.
O servizo de “MAÑANCEIROS” consiste nunha atención para aquel alumnado que necesita estar no centro antes do horario lectivo e así poder facilitar ás familias a conciliación tamén nos horarios previos á xornada escolar.
Como se pode acceder ao servizo? Mediante inscrición en modelo normalizado. As prazas adxudícanse por rigurosa orde de inscrición (terase en conta a hora e data de entrada a través de correo electrónico ou de entrega no departamento de Educación). Unha vez cubertas as prazas dispoñibles, as solicitudes incluiranse en listaxe de agarda.
Como se pode formalizar inscrición? Entregando o modelo no Departamento de Educación, en horario de atención ao público (de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou enviándoo ao correo electrónico (educacion@arteixo.org).
Condicións xerais do servizo:
- Será necesario que exista un número mínimo de persoas inscritas para a posta en marcha do servizo (5 persoas).
- O servizo prestarase nos días lectivos estipulados no calendario escolar para o curso 2022/2023 pola Consellería de Educación.
- O servizo atenderá ao alumnado a partir das 7 horas (de forma xeral o horario de inicio adaptarase ás necesidades) e prestarase ata a hora de entrada que se marque como horario lectivo polo centro.
- É de obrigado cumprimento protocolo COVID vixente no centro.
Prazo de inscrición: do 16 ao 31 de agosto e ata completar capacidade.
Outra medida de conciliación, pola que o Concello aposta con forza, así o indica Inés Ramos, Concejala responsable da concellaría de Educación é a ampliación da oferta das actividades extraescolares que chegarán, de luns a venres, ás escolas de Larín, Lagoa, Vilarrodís e Barrionovo.
A partir do curso 2022-2023, estes centros contarán con actividades extraescolares de luns a venres de 16:00 a 18:00 horas como no resto de centros educativos. O que queremos e apoiar e favorecer a conciliación as nosas familias de Arteixo e ofrecer variedade de actividades os nosos nenos e nenas. Ata agora, o alumnado destes centros, contaba cunha actividade no propio centro educativo un día a semana, e podía acudir ás restantes actividades extraescolares do centro ao que estaban adscritos. Como novidade, a partir do 8 de setembro, estes escolares, contarán cunha ampla oferta de actividades no seu propio centro educativo, sin que teñan necesidade de desprazarse aos centros dos que dependen.
Coa nova oferta, o alumnado poderá practicar no seu centro educativo actividades coma xogos psicomotrices, idioma, baile galego, pandeireta, xogando, música, taller de arte, baile moderno e taller de ciencia-investigamos.