O Concello retoma o próximo domingo 26 de xuño a tradicional cita do Día do Deporte na Rúa que alcanza así a súa decimonovena edición.
Será entre as 11 e as 14h no entorno do paseo fluvial que se converte nesta xornada nun multitudinario espazo deportivo onde pódese practicar case calquera tipo de actividade deportiva, desde baloncesto ata xadrez, fútbol, tenis, judo, tiro con arco ou esgrima entre outros.
O obxectivo desta xornada, que reúne en cada edición a preto de 3000 personas, é compartir unha xornada festiva, dar a coñecer a práctica deportiva continuada; e o acceso á práctica deportiva para cidadáns de todas as idades e mostrar a variedade deportiva como elemento demostrativo e motivador para a creación de hábitos deportivos saudables.