Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello mellorará as instalacións de catro centros educativos durante o parón escolar do verán

PUBLICACIÓN

O Concello mellorará as instalacións de catro centros educativos durante o parón escolar do verán

15 Jun, 2022 | NOTICIAS

O Concello aproveita as vacacións escolares de verán para acometer obras en catro centros educativos do municipio. O obxectivo é mellorar as instalacións de cara ao próximo curso para o que se investirán preto de 100.000€.

O presuposto elabórase a partir do plan de seguimento anual e o estudo completo posterior que cada ano elaboran os técnicos municipais en coordenación cos responsables do centros. Trátase de solventar deficiencias nos accesos, os patios ou as cubertas. O concelleiro de obras, José Antonio Calvelo explica que pretenden, deste xeito, «optimizar os recursos do concello e impedir que se acumulen as deficiencias nos centros educativos».

Ademáis destes traballos o concello acometerá, entre outros, a ampliación do vial de acceso ao CEIP de Galán para o que o pleno xa aprobou o expediente de expropiación do vial Rúa Fonte. O proxecto pretende mellorar o tránsito rodado e peonil e teré un coste de 335.000 euros. As obras suporán a ampliación da acera e da carretera para que tanto peóns como autobuses podan circular de manera máis cómoda.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido