DIRIXIDA A ENTIDADES DEPORTIVAS DO CONCELLO DE ARTEIXO, CENTROS ESCOLARES E ENTIDADES VECIÑAIS
- Ábrese prazo de solicitude para o uso de Instalacións Deportivas Municipais durante o curso 2022/2023. Considérase que a tempada 2022/2023 cómpre desde o 15 de setembro 2022 ata o 31 de maio de 2023. Os adestramentos en períodos vacacionais, de pretemporada, a modificación dos horarios concedidos ou solicitude de novos horarios deberán solicitarse por correo electrónico ao Servizo Municipal de Deportes.
- A entidade deberá presentar inescusablemente nos rexistros municipais a documentación requirida na convocatoria.
- Prazo de presentación de solicitudes: 1 – 15 de xullo ambos inclusive
- Publicación da resolución: a partir do 23 de agosto
REQUISITOS PARA SOLICITAR AS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. As entidades deportivas que pretendan solicitar a utilización das instalacións deportivas municipais deberán reunir os seguintes requisitos:
- Estaren rexistradas oficialmente no Concello de Arteixo.
- Teren domicilio social dentro do termo municipal do Concello de Arteixo.
- Seren entidades sen ánimo de lucro.
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA TRAMITAR A SOLICITUDE:
- Modelo oficial da solicitude. (Anexo I)
- Relación de deportistas que utilizarán as instalacións (Anexo II) Deberase adxuntar unha copia por cada categoría.
- Solicitude bonificación cota tributaria (Anexo III)
- Calendario oficial de competición (deberá entregarse no momento que se dispoña)
INSTALACIÓNS QUE SE PODEN SOLICITAR
- Pazo dos Deportes
- Ximnasio do Pazo dos Deportes
- Polideportivo Ponte dos Brozos
- Polideportivo de Galán
- Polideportivo de Meicende
- Polideportivo CEIP Arteixo*
- Ximnasio CEIP Arteixo*
- Ximnasio CEIP Arteixo*
- Polideportivo CEIP Galán*
- Ximnasio IES Manuel Murguía*
- Campo de Fútbol de Céspede Natural Ponte dos Brozos
- Campo de Fútbol de Céspede Artificial de Arteixo
- Ximnasio do Campo de Fútbol de Arteixo
- Campo de Fútbol de Céspede Artificial de Uxes
- Campo de Fútbol Grande de Meicende
- Campo de Fútbol Pequeno de Meicende
- Campo de Fútbol de Pastoriza
- Ximnasio do Campo de Fútbol de Pastoriza
- Ximnasio Vello do CEIP Ponte dos Brozos*
- Ximnasio Infantil do CEIP Ponte dos Brozos*
*Instalacións de centros escolares, pendentes de recibir autorización dos centros. A concesión de uso está condicionada á autorización dos propios centros.
NORMATIVA DE APLICACIÓN
Regulamento de Instalacións Deportivas e Escolas Deportivas Municipais do Concello de Arteixo, publicado no BOP de 6 de novembro de 2015
As autorizacións son unicamente para actividades de adestramento, non incluíndo nelas as competicións oficiais, que no seu caso deberán solicitarse expresamente acompañando inescusablemente o correspondente calendario de competición federativa.
As entidades confirman mediante a sinatura da solicitude de uso de instalacións deportivas municipais que todas as persoas participantes que fagan uso da mesmas, están en posesión da licenza federativa correspondente, así coma que a entidade dispón dun seguro de responsabilidade civil. O club ou entidade usuaria farase responsábel dos posibles danos da instalación que poidan producirse polos seus xogadores, adestradores, persoal auxiliar e persoas asociadas, así coma dos accidentes deportivos
- O horario de utilización das instalacións deportivas municipais será o que determine o Servizo Municipal de Deportes, previa solicitude de autorización por parte dos equipos ou persoas interesadas. O cadro de horario semanal estará exposto ao público na páxina web municipal e taboleiros das propias instalacións
- A autorización que se outorgue non será superior a un ano, sen prexuízo das renovacións que procedan.
- O resto de entidades e particulares interesadas/os na utilización deberán presentar unha solicitude semanal ou mensual o último día do mes ou semana anterior.
- As concesións outorgaranse de acordo cos criterios técnicos do Servizo Municipal de Deportes á vista das solicitudes presentadas
- O Servizo Municipal de Deportes terá en conta, entre outros, os seguintes criterios para adxudicar o número de horas semanais de utilización:
- As Escolas Deportivas Municipais teñen preferencia na asignación de horarios.
- Non ter instalacións deportivas propias
- O nivel de competición e categorías federadas, así como a esixencia segundo as modalidades deportivas.
- O número de categorías inferiores
- O número de licenzas federativas en cada hora solicitada, valorando segundo este aspecto a posibilidade de compartir instalación.
- A promoción do deporte feminino
- Que o deporte se adapte ás características da instalación a utilizar
- Que sexan grupos estábeis, como medio de favorecer o asociacionismo deportivo, fronte a grupos informais, inestábeis e faltos de estrutura
- Que colaboren cos intereses do SMD
- Dentro do horario lectivo, terán acceso preferente ás instalacións deportivas municipais os centros escolares de Arteixo, unicamente para impartir a materia de Educación Física
- Fóra do horario escolar, a preferencia establécese en beneficio das entidades deportivas do municipio.
- Os adestramentos en períodos de pretempada, vacacións e/ou festividades, a modificación de horarios concedidos ou solicitude de novos horarios deberán solicitarse a través do rexistro municipal.
- O Concello pode introducir a modificación dos horarios aprobados cando razóns urxentes de interese público o esixan. Tal continxencia seralle notificada ás persoas afectadas e, sempre que sexa posíbel, trasladarase a autorización de uso a outro día ou a outra banda horaria.
- Os deportistas da entidade autorizada, poderán entrar nos vestiarios da instalación, quince minutos antes da súa hora de uso, e deberán abandonalos ao máis tardar 20 minutos despois de ter rematada a actividade.
- Para competicións oficiais o horario de entrada e saída aos vestiarios será o que determine o SMD tendo en conta os requirimentos das federacións deportivas correspondentes.
- En horarios de adestramento, as bancadas non se abren ao público agás que exista excepcionalmente unha autorización do SMD, non podendo estar nas pistas deportivas nada máis que aqueles xogadores, técnicos, directivos e outro persoal auxiliar oficialmente autorizado.
- É obrigatoria a asistencia do adestrador, do delegado, do directivo ou do profesor durante o desenvolvemento do adestramento e doutras actividades físico- deportivas, así coma a presenza dun responsable maior de idade durante o uso dos vestiarios
- Para establecer a designación horaria dos partidos de competición federada das entidades e clubs o SMD seguirán os criterios segundo a seguinte orde de preferencia:
- 1º Preferencia os equipos de categorías sénior sobre os júniors, xuvenís, cadetes, infantil, alevín e benxamín (segundo a categoría)
- 2º Preferencia aos equipos que compiten en categoría internacional, estatal, autonómica, provincial, comarcal ou local (segundo o nivel da competición).
- 3º En caso de coincidencia de clubs nas preferencias, as entidades rotarán as preferencias en horario e día cada fin de semana
- 4º Actividades deportivas non federadas
- O uso das instalacións durante unha ou máis tempadas non xera ningún dereito adquirido para as seguintes.
PREZO PÚBLICO.
A utilización das instalacións deportivas municipais suxeitaranse ao previo pagamento do prezo público estabelecido na ordenanza fiscal número 8, reguladora da taxa por prestación do servizo público do complexo deportivo municipal de Arteixo, prestación de servizos noutras instalacións deportivas e outros servizos análogos.
Gozarán dunha bonificación do 100% do importe da cota tributaria sinalada no artigo 5A e 5B as entidades deportivas sen ánimo de lucro que desenvolvan actividade deportiva federada regular en Arteixo e que estean incluídas no Rexistro Municipal de Entidades con baixa capacidade económica.
Este beneficio fiscal terá un carácter rogado a solicitude da entidade interesada e con carácter anual nas datas que determine o Servizo Municipal de Deportes. Someterase a informe do Servizo Municipal de Deportes que prestará conformidade se procede, ao beneficio fiscal que aquí se regula. O informe do Servizo Municipal de Deportes terá en conta a capacidade económica da entidade solicitante, tendo en conta a simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, comparando este importe das taxas co resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior.
Considerarase que a entidade cumpre co requisito da baixa capacidade económica, se como resultado da simulación do pago anual das taxas pola utilizacións das instalacións deportivas municipais, sae un importe maior que o resultado económico da súa actividade global no exercicio anterior ao da solicitude.